Convocatoria do programa eduemprende Actúa 2018-2019

A quen vai destinado?

Alumnado de centros sostidos con fondos públicos de Galicia de:

  • Segundo curso de ciclos formativos de grado medio e superior das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño.
  • Bacharelato que estean a cursar "Economía".

Cando se vai desenvolver a actividade?

As actividades que requiran a participación de persoal técnico do IGAPE e da/s persoa/s emprendedora/s realizaranse de luns a venres desde novembro de 2018 ata o 30 de abril de 2019.

O horario desenvolverase en dúas quendas:

  • De 9:00 a 11:00 horas
  • De 12:00 a 14:00 horas

Adxudicarase unha actividade por centro, na que poderán participar varios grupos de alumnado de ciclos formativos de grao medio e superior das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño, e de bacharelato.

A data de inicio do programa será o 6 de novembro de 2018.

  • Listaxe de centros educativos participantes por provincias (Pendente de publicación).
A Coruña
Centro educativo Data Hora
CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro (Ferrol) 20/11/2018 09:00 - 10:30
IES Leixa (Ferrol) 20/11/2018 12:00 - 13:30
CPR Afundación A Coruña (A Coruña) 22/11/2018 09:00 - 10:30
IES Plurilingüe Eusebio da Guarda (A Coruña) 22/11/2018 12:00 - 13:30
IES San Clemente (Santiago de Compostela) 29/11/2018 09:00 - 10:30
IES do Milladoiro (Santiago de Compostela) 29/11/2018 12:00 - 13:30
IES Nº 1 (Ordes) 11/12/2018 09:00 - 10:30
IES de Fene (Fene) 11/12/2018 12:00 - 13:30
IES de Sabón (Arteixo) 16/01/2019 09:00 - 10:30
IES Isaac Díaz Pardo (Sada) 16/01/2019 12:00 - 13:30
CIFP Compostela (Santiago de Compostela) 17/01/2019 09:00 - 10:30
CIFP Politécnico de Santiago (Santiago de Compostela) 17/01/2019 12:00 - 13:30
IES Arcebispo Xelmírez II (Santiago de Compostela) 24/01/2019 12:00 - 13:30
CIFP Ferrolterra (Ferrol) 05/02/2019 12:00 - 13:30
Lugo
Centro educativo Data Hora
CIFP As Mercedes (Lugo) 08/11/2018 09:00 - 10:30
IES Nosa Sra. dos Ollos Grandes (Lugo) 08/11/2018 12:00 - 13:30
IES Sanxillao (Lugo) 21/11/2018 09:00 - 10:30
IES Gregorio Fernández (Sarria) 06/02/2019 12:00 - 13:30
Ourense
Centro educativo Data Hora
IES 12 de Outubro (Ourense) 19/11/2018 09:00 - 10:30
IES O Ribeiro (Ribadavia) 27/11/2018 09:00 - 10:30
CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel (Ourense) 27/11/2018 12:00 - 13:30
CIFP Portovello (Ourense) 31/01/2019 09:00 - 10:30
Pontevedra
Centro educativo Data
      Hora
IES Johan Carballeira (Bueu) 07/11/2018 09:00 - 10:30
IES Frei Martín Sarmiento (Pontevedra) 15/11/2018 09:00 - 10:30
IES Escolas Proval (Nigrán) 28/11/2018 09:00 - 10:30
IES Ribeira do Louro (O Porriño) 28/11/2018 12:00 - 13:30
IES Armando Cotarelo Valledor (Vilagarcía de Arousa) 20/12/2018 12:00 - 13:30
IES Plurilingüe Pintor Colmeiro (Silleda) 10/01/2019 09:00 - 10:30
IES Marco do Camballón (Vila de Cruces) 10/01/2019 12:00 - 13:30
IES Indalecio Pérez Tizón (Tui) 15/01/2019 09:00 - 10:30
CIFP A Granxa  (Ponteareas) 15/01/2019 12:00 - 13:30
IES Plurilingüe A Paralaia (Moaña) 22/01/2019 09:00 - 10:30
CIFP Valentín Paz Andrade (Vigo) 22/01/2019 12:00 - 13:30
IES Ricardo Mella (Vigo) 23/01/2019 12:00 - 13:30
IES Laxeiro (Lalín) 24/01/2019 09:00 - 10:30
CIFP A Xunqueira (Pontevedra) 07/02/2019 12:00 - 13:30
CPR Colegio Hogar Afundación (Vigo) 12/02/2019 12:00 - 13:30

Como se vai desenvolver? 

  • Fase 1: A actividade emprendedora como unha alternativa laboral para o alumnado.
    Participación de persoal técnico do IGAPE e presentación dunha/s persoa/s emprendedora/s.
    O profesorado programará unha sesión na aula para presentar e reflexionar sobre a actividade que se vai realizar na fase 1.
    O profesorado debe enviar ao enderezo electrónico eduemprende@edu.xunta.es o Anexo II coa información relativa a esta actividade desenvolvida na aula.
  • Fase 2: Análise na aula entre o profesorado e o alumnado participante na actividade para obter conclusións.
    O profesorado participante enviará ao enderezo electrónico eduemprende@edu.xunta.es a ficha de recollida de datos que figura como Anexo III.

A actividade na Fase 1 ten unha duración aproximada de 90 minutos e desenvolverase no salón de actos do centro:

  • Participación de persoal técnico do IGAPE. Presentará e coordinará a actividade, contestanto ás cuestións, dúbidas e inquedanzas que o alumnado asistente formule. Favorécese a participación activa do alumnado.
  • Presentación dunha/s persoa/s emprendedora/s que compartan co alumnado a súa experiencia persoal (como xurdiu a súa idea, como puxo en marcha a súa empresa, que problemas tivo e como os solucionou, como o financiou...).
  • Mesa redonda. Estas persoas participarán nun debate compartindo os distintos puntos de vista, lanzando preguntas entre eles para afondar naqueles aspectos que poidan interesar máis ao alumnado e provocando a participación deste respondendo ás cuestións ou preguntas que suxiran.

Solicitude

As solicitudes enviaranse segundo o modelo do Anexo I ao enderezo electrónico eduemprende@edu.xunta.es, co seguinte asunto: PROGRAMA ACTÚA 2018-2019

O prazo de presentación de solicitudes amplíase ata o 23 de outubro de 2018.

Na ficha de solicitude (Anexo I) deben figurar os seguintes datos.

  • Denominación do centro
  • Persoa de contacto
  • Teléfono de contacto
  • Data de preferencia
  • Enderezo electrónico de contacto
  • Grupos de alumnado participante

Selección dos centros

Os centros seleccionaranse segundo a orde de entrada da solicitude no enderezo sinalado e a adecuación das preferencias á dispoñibilidade do persoal técnico do IGAPE.

Unha vez sinalada a data de desenvolvemento da actividade no centro, este deberá enviar ao enderezo electrónico eduemprende@edu.xunta.es, os datos da/s persoa/s emprendedoras propostas polo centro para a súa participación, co seguinte asunto: PROGRAMA ACTÚA.

Etiquetas: