Atrévete Ourense. Convocatoria 2013

Esta actuación enmarcase dentro do protocolo de actuación para o establecemento dun ámbito de actuación conxunta en favor do desenvolvemento do espírito emprendedor no marco do Plan eduemprende asinado entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación de Empresarios do Polígono San Cibrao das Viñas de Ourense.

A finalidade desta colaboración é pór en marcha un proxecto que impulse o emprendemento na sociedade ourensá dende a etapa de formación primaria nos centros educativos.

Esta actuación vai dirixida ao alumnado de sexto curso da educación primaria.

Empresas do polígono San Cibrao das Viñas que participan no proxecto

O alumnado visitará algunha das seguintes empresas, elixida segundo a dispoñibilidade de cada unha delas:

Faurecia Automotive, S.A. - compoñentes de automoción Componentes Aeronáuticos Coasa, S.A. – fabricación de pezas para avións
COREN, S.Coop.G – alimentación Aceites Abril, S.L.– alimentación
Inplasor Galicia, S.L. – compoñentes de automoción Ignacio de las Cuevas. Cuevas y Cía, S.A. – distribución de alimentación cun sistema informático de xestión de almacén moi novedoso
Rodríguez López Auto, S.L. – fabricación de ambulancias Taller mecánico Craf – venda de camións
 
Etiquetas: