Atrévete Ourense. Convocatoria 2014

Esta actuación enmarcase dentro do protocolo de actuación para o establecemento dun ámbito de actuación conxunta en favor do desenvolvemento do espírito emprendedor no marco do Plan eduemprende asinado entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación de Empresarios do Polígono San Cibrao das Viñas de Ourense.

A finalidade desta colaboración é pór en marcha un proxecto que impulse o emprendemento na sociedade ourensá dende a etapa de formación primaria nos centros educativos.

Esta actuación vai dirixida ao alumnado de segundo curso da educación secundaria obrigatoria.

Etiquetas: