Atrévete Ourense

O programa Atrévete Ourense enmarcado dentro do Plan eduemprende, desenvolvese na comarca de Ourense, en colaboración coa Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao das Viñas.

A finalidade desta colaboración é pór en marcha un proxecto que impulse o emprendemento na sociedade ourensá para o alumnado de educación primaria e educación secundaria obrigatoria.

Preténdese dar a coñecer ao profesorado e alumnado a zona industrial de San Cibrao, as súas empresas e o traballo da Asociación no fomento do emprendemento.

Etiquetas: