Avanza

Logo_avanza

 
Que é o programa eduemprende Avanza?
Eduemprende Avanza 2013 é unha formación práctica e específica  sobre como concretar e materializar un posible modelo de negocio, idea ou proxecto de empresa. No seu desenvolvemento realizaranse talleres sobre os aspectos máis importantes do plan de empresa, claves para posicionarse no mercado ou como poñer en marcha as iniciativas do alumnado participante. Tamén abrangue experiencias emprendedoras e informarase sobre as posibilidades de participar na Rede de Viveiros de Empresa dos Centros Educativos de Galicia.

 

Quen pode participar? 

O programa eduemprende Avanza está dirixido a:

  • Alumnado de ciclos formativos de formación profesional, ensinanzas artísticas, ensinanzas deportivas ou bacharelato matriculado nun centro educativo sostido con fondos públicos.
  • Persoas que finalizaron os seus estudios de calquera destas ensinanzas nos derradeiros 4 anos.

 
Lugares de celebración?
A celebración do programa terá lugar nos centros educativos da rede de viveiros de empresa dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, sen prexuízo de que algunha sesión se poida organizar noutro centro educativo do ámbito de influencia do viveiro.

LOCALIDADE CENTRO
A Coruña  CIFP Ánxel Casal
Ferrol  CIFP Rodolfo Ucha
Santiago  CIFP Politécnico de Santiago
Lugo  CIFP Politécnico de Lugo
Ribadeo  CIFP Porta da Auga
Ourense  CIFP Portovello
Pontevedra  IES Luís Seoane
Ponteareas  CIFP A Granxa
Vigo  CIFP Manuel Antonio

 

Coordinación do programa

O programa será coordinado dende a Subdirección Xeral de Formación Profesional a través da asesoría de emprendemento que se encargará de:

  • Elaborar a convocatoria e consensuala cos titores/as e/ou coordinadores de emprendemento dos centros
  • Poñer en funcionamento, en colaboración co IGAPE, a fase de formación.
  • Publicitala nos centros e no portal www.edu.xunta.es/fp.

 

Como participar?
Se desexa participar en eduemprende Avanza deberá cumprimentar o modelo de solicitude de participación na seguinte ligazón http://www.edu.xunta.es/fp/programa-eduemprende-avanza-solicitude-participacion, incluíndo os datos correspondentes a súa idea de negocio.

 

Prazo de inscrición
O prazo para cubrir a solicitude de participación estará aberto ata o 27 de setembro de 2013.

 

Onde se pode informar?
Para calquera dúbida referente ao programa Avanza dirixirse a:
Asesoría de emprendemento.
eduemprende@edu.xunta.es
Teléfono: 981 54 65 64

 

Convocatoria Avanza 2013
No seguinte documento pódense consultar as bases reguladoras da convocatoria do programa  eduemprende Avanza:

- Bases da convocatoria.