Proxecto A Coruña emprende 2014-2015

Este proxecto vense a sumar ás moitas colaboracións entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Alcoa. Esta proposta enmárcase no Plan de Emprendemento do sistema educativo de Galicia eduemprende.

O obxectivo principal é o fomento do espírito emprendedor entre o alumnado coa finalidade de crear empresas na comarca de A Coruña así como favorecer a responsabilidade e a autonomía persoal.

Está dirixido ao alumnado e profesorado dos niveis educativos 6º de educación primaria, ESO, bacharelato e formación profesional de 15 centros da comarca.

Centros educativos participantes

Seleccionáronse 9  IES/CPI —un por concello—, 3 CEIP —un por concello máis poboado— e os 3 CIFP que contan con viveiro de empresas:

Concello de Abegondo: IES de Viós
Concello de Arteixo: IES de Sabón e CEIP Ponte dos Brozos
Concello de Bergondo: CPI de Cruz do Sar
Concello de Cambre: IES Afonso X O Sabio
Concello de Carral: CPI Vicente Otero Valcárcel
Concello de A Coruña: IES Fernando Wirtz Suárez e CEIP Eusebio da Guarda
Concello de Culleredo: IES Universidade Laboral
Concello de Oleiros: IES María Casares e CEIP da Rabadeira
Concello de Sada: IES Isaac Díaz Pardo
CIFP Someso
CIFP Ánxel Casal - Monte Alto
CIFP Paseo das Pontes

As institucións implicadas neste proxecto

  • Coordinación e desenvolvemento do proxecto:

       A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria coordina e organiza as actividades dirixidas tanto ao profesorado como ao alumnado facilitando a disposición dos espazos en colaboración cos centros educativos participantes.

  • Finanzamento:

     45.977,53€ aportados pola Fundación Alcoa.

  • Difusión:

      La Opinión divulgará todas as actuacións e resultados do proxecto.

Actuacións programadas

Dentro das actuacións están programadas diferentes actividades dirixidas ao alumnado e ao profesorado.

- Actividades de sensibilización para o alumnado:

  • Reunións con empresarios
  • Visitas a empresas

- Formación de formadores (YPD):

  • Formación para profesorado na aplicación da metodoloxía YPD (Young Potential Development) que lles permita transmitir ao alumnado capacidades e actitudes emprendedoras.

- Actividades de formación para o alumnado e profesorado:

  • Sesións motivacionais
  • Plan de empresa
  • Patentes e marcas
  • Marketing on line
  • Presentacións de impacto
  • Responsabilidade social empresrial
  • Emprendemento social
  • Emprender con éxito

- Concurso para o fomento da creación de proxectos empresariais:

  • Redacción dunha idea de negocio: 6º de Educación promaria, 1º e 2º de ESO
  • Pequeno proxecto de empresa: 3º e 4º de ESO
  • Proxecto empresarial: Bacharelato e Formación Profesional

- Elaboración de material didáctico: vídeos e publicacións.

Difusión do proxecto

A través de diferentes artigos a publicar en La Opinión
Páxina web: www.edu.xunta.es/fp
No Boletín educativo
Folletos informativos
Vídeos e publicacións

- Presentación da xornada de inaguración

- Enquisa do proxecto para alumnado de bacharelato, formación profesional e secundaria

- Enquisa do proxecto para alumnado de primaria

- Concurso de ideas para a realización de proxectos empresariais

- Folleto informativo

Etiquetas: