Convocatoria programa DepoEmprende na FP 2018-2019

Programa enmarcado dentro do Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Deputación de Pontevedra para o establecemento dun marco de actuación conxunta en favor do desenvolvemento do espírito emprendedor no marco de Eduemprende.

Este programa ten por obxecto fomentar o emprendemento e a cultura emprendedora e a adquisición da competencia emprendedora por parte do alumnado de Educación Primaria,Educación Secundaria, Formación Profesional e Ensinanzas especiais.

Esta convocatoria vai dirixida ao alumnado dos cursos de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, Educación Secundaria, Formación Profesional e Ensinanzas Especiais de centros docentes sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenanación Universitaria da provincia de Pontevedra.

As distintas actividades de esta convocatoria desenvolveranse dende o mes de setembro ata o mes de xuño.

O prazo de presentación de solicitudes rematou o 16/07/2018.

Etiquetas: