Dimensión europea da FP: formación, mobilidade e emprendemento

Proxecto promovido pola FGE coa subvención da Representación da Comisión Europea en España, orientado a difundir entre estudantes, titulados e profesores de Formación Profesional as políticas e iniciativas da Unión en materia de emprego, mobilidade e emprendemento. A finalidade é potenciar a integración dos mozos demandantes de emprego a través do fomento da mobilidade e o emprendemento entre os alumnos e dunha maior implicación do profesorado de FP nas iniciativas relacionadas.

O proxecto engloba cinco actividades que se desenvolverán durante o 2014, distribuídas nun acto central en Santiago de Compostela  e catro actos descentralizados, un en cada provincia galega. Neles trataranse as políticas e iniciativas da UE en materia de mobilidade, emprego e emprendemento que afectan á comunidade educativa e aos titulados en FP.  Os relatorios e mesas redondas combinarán unha aproximación global ás iniciativas e estratexias da UE en tales eidos cun enfoque práctico dos programas e ferramentas que teñen á súa disposición os estudantes e titulados de FP. Farase fincapé nas novas estratexias e programas que se porán en marcha co novo Marco Financeiro Comunitario 2014-2020.

Máis detalles a continuación:

- Máis información na web da Fundación Galicia Europa

Etiquetas: