Convocatoria programa "Implantación ferramentas de medios de pagamento"

Convocatoria do programa "Implantación de ferramentas de medios de pagamento en formación profesional", enmarcado dentro do convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a entidade financeira Abanca Corporación Bancaria S.A para o desenvolvemento de actuacións conxuntas a favor do desenvolvemento do espírito emprendedor, no marco de Eduemprende.

Esta convocatoria ten por obxecto fomentar o emprendemento e a educación financeira na formación profesional, entre o alumnado das familias profesionais de Administración e Xestión, e de Comercio e Márketing. Esta actuación encádrase no Plan de emprendemento no sistema educativo Eduemprende.

Data de publicación29.01.2018

Etiquetas: