Proxecto A Mariña Emprende 2013-2014

O proxecto A Mariña Emprende vense a sumar ás moitas colaboracións establecidas entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Alcoa. A proposta deste proxecto xurde como un paso máis no desenvolvemento do Plan de emprendemento do sistema educativo de Galicia eduemprende.

O obxectivo principal e o fomento do espírito emprendedor entre o alumnado coa finalidade de crear empresas na Mariña así como favorecer a responsabilidade e a autonomía persoal.

As intervencións ao abeiro deste proxecto teñen dous receptores principais: o alumnado de ciclos formativos de FP, bacharelato e 3º e 4º da ESO e o seu profesorado pertencentes aos centros que se detallan.

IES Illa de Sarón. Xove
IES Marqués de Sargadelos. Cervo
IES María Sarmiento. Viveiro
IES Vilar Ponte. Viveiro
IES Perdouro. Burela
IES Monte Castelo. Burela
IES de Foz. Foz 
CIFP Porta da Auga. Ribadeo

Dentro das actuacións a desenvolver no proxecto están:

  • Actividades formativas para alumnado e profesorado
  • Actividades de sensibilización sobre a cultura emprendedora que abarcan intercambio de experiencias con empresarios así como visitas a empresas
  • Concurso de ideas para a realización de proxectos empresariais
  • Visita ao viveiro de empresas do CIFP Porta da Auga

As institucións implicadas neste proxecto

  • A Consellería de Cultura, Educación e ordenación Universitaria que se encarga da coordinación e desenvolvemento do proxecto.
  • Fundación Alcoa que aporta a subvención para levar a cabo o proxecto
  • El Progreso, que divulgará todas as actuacións e resultados e publicará unha guía didáctica coa temática do espírito emprendedor, a innovación e pautas para a creación dunha empresa.

As actividades de sensibilización propostas no desenvolvemento do proxecto estarán impartidas por persoal do IGAPE.

Resultados do proxecto

  • Contraste entre as enquisas iniciais e finais sobre as actuacións desenvolvidas.

Difusión do proxecto

A través de diferentes artigos a publicar en prensa
Páxina web: www.edu.xunta.es/fp
No Boletín educativo
Remisión aos centros participantes
Transmisión desta experiencia a outros centros da nosa comunidade

- Presentación do proxecto. Álblum fotográfico
- Desenvolvemento de actividades para o alumnado
- Actividades formativas do profesorado
- Concurso de ideas para a realización de proxectos empresariais
- Vídeo do proxecto “A Mariña emprende”
- Aula de emprendemento

Etiquetas: