Simula
Que é?
Este programa consiste na constitución dun negocio virtual no que a dirección e a xestión a leva a cabo o alumnado dos ciclos, que reproducen na aula a simulación das situacións reais do ámbito financeiro, administrativo, laboral, comercial,... dunha empresa.
Cada centro participante transforma a súa aula nunha empresa simulada e o alumnado pasa a ocupar os diversos postos de traballo de xeito rotatorio, sendo responsable de que todo funcione correctamente, solucionando as incidencias que se produzan e relacionándose co resto dos departamentos.
O programa pretende incorporar as tecnoloxías da información e da comunicación e formar ao alumnado no campo da xestión e da administración.
A empresa intégrase nunha rede internacional, polo que establece relacións comerciais con empresas simuladas de países como: Alemaña, Estados Unidos, Canadá, Italia, Suecia,...
A quen vai dirixido?
Ao alumnado que cursa, nos centros que participan no proxecto, un ciclo formativo de grao superior ou de grao medio de Formación Profesional das familias profesionais de Hostalaría e turismo, de Administración e xestión e de Comercio e márketing.
Centros participantes
Nas seguintes ligazóns accederá aos arquivos pdf onde se póden consultar os centros participantes no programa eduemprende Simula.
- eduemprende Simula 2007/2008
- eduemprende Simula 2008/2009
- eduemprende Simula 2009/2010
- eduemprende Simula 2010/2011
- eduemprende Simula 2011/2012
- eduemprende Simula 2012/2013
- eduemprende Simula 2013/2014
- eduemprende Simula 2014/2015
- eduemprende Simula 2015/2016
- eduemprende Simula 2016/2017
- eduemprende Simula 2017/2018
- eduemprende Simula 2018/2019
- eduemprende Simula 2019/2020
- eduemprende Simula 2020/2021
- eduemprende Simula 2021/2022
- eduemprende Simula 2022/2023