Convocatoria programa Superlíderes 2019-2020

Este programa, que se desenvolve no marco do Plan eduemprende, vai dirixido a fomentar, motivar e sensibilizar ao alumnado de 3º e 4º de educación primaria no espírito emprendedor.

O obxectivo de este programa é dar a coñecer ao alumnado, practicar e fortalecer seis competencias que os converterán en auténticos Superlíderes: a motivación, o enxeño, a comunicación, a fascinación, a negociación e a capacidade de traballar e dirixir equipos.

Esta convocatoria vai dirixida ao alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria de centros educativos sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

As distintas actividades desta convocatoria desenvolveranse dende o mes de outubro ata o mes de abril.

O prazo de presentación de solicitudes amplíase ata o 15/10/2019.

Etiquetas: