Erasmus +. Proxectos KA102 concedidos na convocatoria 2014

Son proxectos de mobilidade dentro do Programa Erasmus + aprobados polo Organismo Autónomo Programas Educativos Europeos (OAPEE), actualmente o Servizo para a Internacionalización da Educación (SEPIE) en xullo de 2014.

O Programa vai dirixido ao alumnado que cursa ciclos formativos de grao medio, a persoas que finalizaran os seus estudos nestes ciclos nos 12 meses seguintes a súa terminación e ao profesorado deses centros.

En Galicia foron concedidos proxectos a 11 centros educativos e a 6 institucións cun importe total de 2.084.181€.

- Ver proxectos

Programa de acción no ámbito da aprendizaxe permanente