Convocatoria de estadías formativas en empresas ou organismos equiparados para o ano 2024

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, como responsable da planificación da formación do profesorado, convoca para o ano 2024 estadías formativas en empresas ou organismos equiparados destinadas ao profesorado dos corpos e das especialidades vinculadas ás ensinanzas de formación profesional inicial e das artes plásticas e o deseño.

Que son?

Modalidade de formación que se desenvolve nos centros de traballo de distintas empresas ou organismos equiparados para potenciar o coñecemento directo dos procesos produtivos que se desenvolven nelas.

Convocatoria

Para o ano 2024 convócanse 150 prazas de estadías formativas en empresas ou organismos equiparados situadas tanto na comunidade autónoma de Galicia, como no resto do territorio do Estado.

Destinatarios

O profesorado que cumpra, entre outras, as seguintes condicións:

  • Ser funcionario/a nalgún dos corpos e das especialidades vinculadas ás ensinanzas de formación profesional inicial e das artes plásticas e o deseño.
  • Estar en situación de servizo activo no período solicitado para a realización da estadía, prestando servizos en centros públicos dentro do ámbito de xestión da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Obxectivos

  • Coñecer directamente os procesos produtivos que se desenvolven nas empresas.
  • Formar o profesorado mediante o seu achegamento ao mundo produtivo e aos seus avances tecnolóxicos.

Modalidades

  • Modalidade A: estadías formativas en empresas ou organismos equiparados acollidos a este programa referidas no anexo I da convocatoria.
  • Modalidade B: estadías formativas noutras empresas ou organismos equiparados

Inscrición

O procedemento de solicitude desenvolverase en dúas fases:

1ª fase: ata o 7 de marzo de 2024

2ª fase: ata o 18 de marzo de 2024

Período de realización e duración

Desde o 15 de abril ata o 06 de setembro de 2024, cunha duración máxima de 160 horas.

  • Modalidade A: A duración e o período de realización será o acordado para cada caso entre a empresa ou organismo equiparado e o asesor ou asesora de formación en base ás preferencias dos/as solicitantes.
  • Modalidade B: A duración e o período de realización será acordado para cada caso entre o/a solicitante e a empresa ou organismo equiparado.

Modelos de documentación relacionada coas estadías formativas en empresas ou organismos equiparados