Euroskills

Desde setembro de 2008 e a proposta da delegación Holandesa, ademais das competicións nacionais e da competición internacional, celébrase tamén unha competición europea, nos anos pares, coñecida como Euroskills.

Na terceira edición de EuroSkills, celebrada en Spa Francorchamps do 4 ao 7 de outubro de 2012, o alumno galego Guillermo González Gómez resultou gañador da medalla de prata na Skill Servizo de restaurante e bar e obtivo, tamén, a medalla ao mellor competidor do equipo español.

Previamente, este alumno obtivo a medalla de ouro nos Galiciaskills 2010, así como tamén na Olimpíada Nacional de Formación Profesional, Spainskills 2011.

Guillermo cursou os estudos de formación profesional do CS Restauración no IES de Vilamarín e o profesor, Diego Mosquera Miramontes, foi o seu titor e quen o preparou para estas competicións.

Etiquetas: