Edugal. Pontevedra 2015

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria estará presente en Edugal. Pontevedra 2015, o IV Salón de oferta de Educación e Formación de Galicia que se realizará no Recinto Ferial de Pontevedra os días 25, 26 e 27 de febreiro de 2015.

No stand de Formación Profesional pódese atopar información e recibir orientación en relación a:

  • Oferta educativa dos ciclos formativos de FP
  • Acceso á Formación Profesional
  • Itinerarios formativos e profesionais
  • Saídas académicas e profesionais
  • Acreditación de competencias, a posibilidade de acreditar oficialmente a túa cualificación profesional se tes experiencia profesional
  • Emprendemento
  • Formación Profesional Dual

Na zona de exposición tamén estará presente unha representación dos centros de FP e de ensinanza de réxime xeral:

  • CIFP A Xunqueira
  • CIFP Carlos Oroza
  • IES Chan do Monte
  • IES Luis Seoane
  • IGAFA Instituto Galego de Formación en Acuicultura
  • CMUS Profesional "Manuel Quiroga"
  • Escola Superior de Arte Dramática de Galicia
  • ESCO de Conservación e Restauración de Bens Culturais

 

Pode acceder o programa de actividades no aquivo pdf Edugal 2015

Información da Recinto Ferial de Pontevedra: contacto, horarios, localización...