Xornada para orientadores. Novas perspectivas na orientación profesional

O vindeiro mércores 27 de maio realizarase no CIFP Politécnico de Santiago, en Santiago de Compostela, unha xornada formativa destinada aos profesionais da especialidade de orientación educativa.

Tratarase con especial atención as novidades lexislativas en relación á Formación Profesional, a implantación de novos títulos de FP, a orientación para os itinerarios formativos, a FP Básica, así como a importancia da figura dos orientadores no desenvolvemento persoal e profesional das persoas.

Pódese realizar a inscrición no enderezo www.edu.xunta.es/fprofe utilizando como criterio de busca a referencia G1402032

O prazo de inscrición remata o día 22/05/2015.