Currículos e perfís profesionais dos ciclos formativos

Nesta páxina poderá atopar os perfís profesionais dos distintos ciclos formativos que se ofertan nos centros educativos da Comunidade Autónoma. No perfil profesional de cada ciclo formativo poderá atopar información sobre a competencia xeral, postos de traballo máis relevantes, módulos así como o título que se obtén.

Por outro lado, poderá acceder e/ou descargarse os ficheiros que conteñen os currículos dos ciclos formativos publicados no Diario Oficial de Galicia.

Hai ciclos formativos con algunha observación a sinalar en canto a aplicación do currículo ou algún outro particular, estes ciclos formativos van precedidos dun asterisco (*).

Escolla a familia profesional do seu interese para ver únicamente os ciclos formativos desta.