Axudas FCT, ano 2008
Orde do 30 de abril de 2008 pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo correspondentes aos estudos de ciclos formativos de grao medio e superior de formación profesional, módulos profesionais experimentais, artes plásticas e deseño e programas de garantía social.
- Texto da orde
Solicitudes de axudas ao alumnado para a realización do módulo da formación en centros de traballo, FCT, no ano 2008.
Que é?
É unha axuda económica para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo (FCT).
Destinatarios
Alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo, correspondentes aos estudos de ciclos formativos de grao medio e superior de formación profesional específica, módulos profesionais experimentais, artes plásticas e deseño e programas de garantía social.
- Orde do 30 de abril de 2008
- Solicitude de axuda
- Máis información
Información xeral de FCT
Que é?
Módulo de carácter obrigatorio en todos os ciclos formativos. Son prácticas de carácter non laboral que se desenvolven nun ámbito produtivo real, con contidos consistentes na realización de actividades produtivas propias do perfil profesional.
Indispensable para a obtención do título académico.
Obxectivos
- Aplicar os coñecementos teórico-prácticos adquiridos nos centros educativos.
- Coñecer e comprender, de forma real, a organización socio-laboral dun centro de traballo.
- Avaliar a competencia profesional do alumnado nunha situación real de traballo coa participación empresarial.
Finalidades
- Completar a formación adquirida no centro educativo.
- Adquirir a competencia profesional de cada título e unha madurez profesional motivadora de futuras aprendizaxes.
- Avaliar e acreditar os aspectos máis relevantes da competencia requirida no emprego.
- Adquirir o coñecemento da organización produtiva e o sistema de relacións sociolaborais do centro de traballo co fin de facilitar a súa futura inserción laboral.
Orde pola que se regula o módulo profesional de formación en centros de traballo, FCT.
- Orde do 28 de febreiro de 2007
- Corrección de erros
Solicitude de exención do módulo de formación en centros de traballo (FCT) pola correspondencia coa práctica laboral.
- Impreso de solicitude de exención de FCT