Feira Abanca Cimag-GandAgro 2017

Esta feira de carácter profesional pode ser de interese para todo o alumnado e profesorado de FP vinculado cos seguintes sectores:

  • Sanidade animal e hixiene.
  • Nutrición animal.
  • Agro químicos e fertilizantes.
  • Sementes.
  • Produción ecolóxica.
  • Equipamentos e instalacións para agricultura e gandería.
  • Xenética animal.
  • Animal vivo.
  • Xestión ambiental de residuos agro gandeiros.
  • Sistemas de ordeño.
  • Maquinaria de recolección e post- recolección.
  • Maquinaria para explotacións gandeiras.
  • Tractores e motocultores.
  • Maquinaria de preparación de chan.
  • Maquinaria de sementa, plantación e abonado.
  • Maquinaria de protección de cultivos e rega.
  • Maquinaria para xardinería.
  • Outra maquinaria e equipos.
  • Compoñentes e accesorios.
  • Bioenerxía.
  • Empresas de servizos.

A feira terá lugar na Fundación Semana Verde de Galicia, Recinto Feiral, s/n, Silleda, os días 26, 27 e 28 de xaneiro, en horario de 10:00 a 19:00 horas.

A entrada para os centros educativos é  gratuíta, e deberán solicitala no enderezo de correo electrónico cimag-gandagro@feiragalicia.com. Calquera consulta sobre o formato da feira, programación de actividadeslistaxe de expositores, deberá dirixirse ao mesmo enderezo ou ao tfno 986 577000.

Con respecto aos horarios de demostracións técnicas, o equipo da organización da feira informará segundo vaian concretando cos distintos expositores.

Para máis información pódese consultar a páxina web da feira facendo clic no logo.

 

Etiquetas: