Feira Abanca Cimag-GandAgro 2017
Esta feira de carácter profesional pode ser de interese para todo o alumnado e profesorado de FP vinculado cos seguintes sectores:
- Sanidade animal e hixiene.
- Nutrición animal.
- Agro químicos e fertilizantes.
- Sementes.
- Produción ecolóxica.
- Equipamentos e instalacións para agricultura e gandería.
- Xenética animal.
- Animal vivo.
- Xestión ambiental de residuos agro gandeiros.
- Sistemas de ordeño.
- Maquinaria de recolección e post- recolección.
- Maquinaria para explotacións gandeiras.
- Tractores e motocultores.
- Maquinaria de preparación de chan.
- Maquinaria de sementa, plantación e abonado.
- Maquinaria de protección de cultivos e rega.
- Maquinaria para xardinería.
- Outra maquinaria e equipos.
- Compoñentes e accesorios.
- Bioenerxía.
- Empresas de servizos.
A feira terá lugar na Fundación Semana Verde de Galicia, Recinto Feiral, s/n, Silleda, os días 26, 27 e 28 de xaneiro, en horario de 10:00 a 19:00 horas.
A entrada para os centros educativos é gratuíta, e deberán solicitala no enderezo de correo electrónico cimag-gandagro@feiragalicia.com. Calquera consulta sobre o formato da feira, programación de actividades e listaxe de expositores, deberá dirixirse ao mesmo enderezo ou ao tfno 986 577000.
Con respecto aos horarios de demostracións técnicas, o equipo da organización da feira informará segundo vaian concretando cos distintos expositores.
Para máis información pódese consultar a páxina web da feira facendo clic no logo.