Información xeral da formación do profesorado de FP

Nunha economía mundial con mercados globalizados, a creación de emprego depende en gran medida da formación actualizada e permanente da poboación activa. Consciente desta necesidade, o tratado da Unión Europea compromete aos estados membros para a consecución dunha formación profesional, que permita aos traballadores unha alta cualificación e adaptabilidade a un mercado laboral cambiante.

Neste contexto, a Formación Profesional está obrigada a dar unha resposta rápida e flexible ás demandas de formación do mercado laboral. A formación permanente das persoas encargadas da formación é un dereito e unha obriga, así como unha responsabildiade das administracións educativas.

A formación continua do profesorado é un obxectivo estratéxico da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional O instrumento fundamental para conseguir estes obxectivos é o "Plan Anual de Formación do Profesorado".

O plan de formación inclúe as seguintes liñas de actuación: 

  • Convocatorias de actividades formativas de tipo individual. 
  • Convocatoria de actividades de tipo colectivo para desenvolver nos propios centros educativos. 
  • Actividades de actualización científico-tecnolóxica e metodolóxica. 
  • Estadías en empresas nacionais e transnacionais.

A medida que se vaian convocando as actividades e os programas iranse habilitando os diferentes apartados

As actividades de formación do profesorado de formación profesional están cofinanciadas nun 80% polo Fondo Social Europeo.