Información xeral

As ensinanzas de formación profesional a distancia caracterízanse pola flexibilidade, de xeito que lles permitan ás persoas adultas a posibilidade de combinaren o estudo e a formación coa actividade laboral, coas cargas familiares ou con outras actividades, respondendo así ás necesidades e aos intereses persoais.
 
 
Persoas destinatarias 
As persoas adultas, especialmente as que teñan acreditada experiencia profesional, preferentemente nun sector produtivo directamente relacionado co ciclo formativo. 
 
Recoméndase posuír coñecementos básicos de uso do computador persoal e de internet (navegar en páxinas web, correo electrónico, etc.)

Na seguinte ligazón pode consultar a información relativa aos itinerarios formativos nas ensinanzas de adulltos.

Itinerarios formativos

 

Información sobre o proceso de admisión

   


Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente. (Acceso a normativa de admisión).

Etiquetas: