FP dual. Convocatoria setembro de 2015

Publicada no DOG do día 28 de agosto a Orde do 19 de agosto de 2015 pola que se amplían os proxectos experimentais de formación profesional dual de ciclos de formación profesional en centros educativos, en colaboración con diversas entidades, autorizados pola Orde do 3 de xuño de 2015.

- Acceda á Orde do 19 de agosto de 2015

Oferta de ensinanzas

   Concello     
Centro educativo                
Código ciclo    

Ciclo formativo

Entidade colaboradora

A Coruña CIFP Paseo das Pontes SHOT05

Dirección de Servizos de Restauración

Paradores de Turismos de España, S.A.
Pontevedra CIFP A Xunqueira

MSSC01

Atención a Persoas en Situación de Dependencia

Asociación Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Pontevedra, Centro de Día Anduriña, S.L., Sisae, C.B., Sacendi, S.L., Rapesúa, S.L., Soremay Berguer, S.L

Valga

IES de Valga

SFM02

Construcións Metálicas

Extrusionados Galicia, S.A, Aluminios Padrón, S.A.U., Gama e Hijos, S.L., Sistemas Técnicos de Accesorio e Componentes, S.L., Talleres ODL de Carpintería Metálica, S.L.

Vigo

IES Politécnico de Vigo MIMA03 Mantemento Electromecánico Benteler Automotive Vigo, S.L.
 Vigo

CIFP Manuel Antonio

SQUI02

Química Industrial

Lonza Biologics Porriño, S.L.

 

Requisitos das persoas solicitantes

Para poderen acceder a este proxecto de formación profesional dual, as persoas aspirantes deberán cumprir o seguinte:

  • Ter entre dezaseis e vinte e nove anos no ano natural en que se inicien os estudos, no caso dos ciclos de grao medio, e entre dezaoito e vinte e nove anos, no caso dos ciclos de grao superior.
  • Cumprir os requisitos de acceso aos ciclos formativos establecidos no artigo 36 do Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia, para poder matricularse en todos os módulos profesionais do ciclo formativo correspondente, e que se detallan no modelo de solicitude, no anexo I desta orde.
  • Carecer da cualificación profesional, obtida e recoñecida polo sistema de formación para o emprego ou do sistema educativo, requirida para concertar un contrato en prácticas para o posto de traballo ou a ocupación obxecto do proxecto.
  • Non ter realizado con anterioridade un contrato de formación e aprendizaxe, e cumprir os requisitos establecidos na normativa laboral vixente para poder efectualo.
  • Non ter superado ningún módulo profesional do ciclo formativo do proxecto solicitado, agás que fose cursando outro ciclo formativo.

Presentación de solicitudes

As solicitudes de inscrición para participar nestes proxectos experimentais de formación profesional dual poderán entregarse en calquera dos centros que teña oferta de formación profesional dual autorizada e irán dirixidas ao seu director ou á súa directora.

Documentación

A solicitude de admisión, anexo I, deberá ir acompañada da seguinte documentación:

  • Copia do DNI ou NIE, no caso de non dar o consentimento para a comprobación dos datos de identidade no sistema de verificación do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, de conformidade co artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro.
  • Certificación académica relativa aos requisitos de acceso, no caso de non ter realizado os estudos ou as probas de acceso no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Calendario do procedemento

  • Presentación de solicitudes: do 1 ao 14 de setembro ás 13 horas.
  • Relación provisional de persoas solicitantes: 15 de setembro
  • Reclamación á relación provisional de persoas solicitantes: 16 e 17 de setembro
  • Relación definitiva de persoas solicitantes: 18 de setembro
  • Período de selección por parte da entidade colaboradora: do 18 ao 25 de setembro
  • Relación de persoas admitidas e en espera: a partir do 25 de setembro
  • Matrícula: 2 días hábiles desde a publicación da listaxe de persoas admitidas e en espera. Data límite: 30 de setembro

Listaxes do procedemento de admisión

  • Listaxe provisional de solicitudes de Formación Profesional Dual de grao medio
  • Listaxe provisional de solicitudes de Formación Profesional Dual de grao superior

Os módulos sinalados cun asterisco (*) na listaxe corresponden con módulos xa superados ou validados do ciclo solicitado.

  • Listaxe definitiva de solicitudes de Formación Profesional Dual de grado medio
  • Listaxe definitiva de solicitudes de Formación Profesional Dual de grado superior

O período de selección por parte da entidade colaboradora abrangue ata o 25 de setembro.

  • Listaxe de persoas admitidas e listaxe de persoas en espera de Formación Profesional Dual de grado medio 
  • Listaxe de persoas admitidas e listaxe de persoas en espera de Formación Profesional Dual de grado superior

Importante: As persoas admitidas na FP Dual deberán acudir ao centor para matricularse os días 30 de setembro ou 1 de outubro, en horario de oficina. De non formalizar a matrícula nestas datas, esas prazas serán ocupadas polas persoas en lista de espera.

As persoas solicitantes que non figuren na listaxe de persoas admitidas ou na listaxe de persoas en lista de espera, están en situación de non seleccionadas .

 


Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa que regula a FP dual).

Etiquetas: 
Tema: