FPInnova2017. Inscrición para centros zona expositiva

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, despois do éxito da primeira edición, organiza novamente o Congreso de Innovación na Formación Profesional, que terá lugar os días 10, 11 e 12 de maio na Cidade da Cultura de Galicia.

O congreso contará cunha zona expositiva, na que se amosarán algúns dos proxectos de innovación tecnolóxica e didáctica desenvolvidos por centros galegos de formación profesional, así como proxectos resultantes do Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, eduemprende.  

O acceso a estes espazos ten carácter gratuíto para o público en xeral. Aqueles centros que desexen organizar unha visita para alumnado á zona expositiva deberán cubrir unha solicitude de inscrición.

Prazo de solicitude: Desde as 14:00 h do 20 de abril de 2017 ata as 15:00 h do 3 de maio de 2017.

Etiquetas: