Nunha economía mundial con mercados globalizados, a creación de emprego depende en gran medida da formación actualizada e permanente da poboación activa. Consciente desta necesidade, o tratado da Unión Europea compromete aos estados membros para a consecución dunha formación profesional, que permita aos traballadores unha alta cualificación e adaptabilidade para un mercado laboral cambiante.
Neste contexto, a Formación Profesional está obrigada a dar unha resposta rápida e flexible ás demandas de formación do mercado laboral. A formación permanente das persoas encargadas da formación é un dereito e unha obriga, así como unha responsabildiade das administracións educativas.
A formación continua do profesorado é un obxectivo estratéxico da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. O instrumento fundamental para conseguir estes obxectivos é o "Plan Anual de Formación do Profesorado de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais".
O plan de formación acomete diferentes liñas de actuación:
- Convocatorias de actividades formativas de tipo individual.
- Convocatoria de actividades de tipo colectivo para desenvolver nos propios centros educativos.
- Actividades de actualización científico-tecnolóxica e metodolóxica.
- Proxectos de investigación e innovación.
- Estadías en empresas.
- Programas europeos.
Plan anual de Formación do Profesorado de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais
A medida que se vaian convocando as diferentes actividades e programas iranse habilitando os seguintes enlaces:
- Actividades de formación (08/05/2008)
- Proxectos de formación (06/05/2008)
- Proxectos de investigación e innovación
- Estadías en empresas (18/06/2008)
- Programas europeos (28/03/ 2008)
- Outras convocatorias (12/05/2008)