A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, como responsable da planificación da formación do profesorado, prevé para o curso 2008-2009 a convocatoria en centros docentes sostidos con fondos públicos de proxectos de formación específicos para a formación profesional e as ensinanzas especiais, atendendo ás características destes colectivos,
Que son?
Modalidades de formación que se desenvolven nos propios centros educativos para fomentar a súa autonomía organizativa e pedagóxica, e para favorecer e estimular o traballo en equipo do profesorado.
Destinatarios
O profesorado que cumpra as condicións de:
Impartir docencia en ciclos formativos de formación profesional ou ensinanzas especiais, e ademais
Estar destinados
en centro sostidos con fondos públicos, e no caso de centros privados, en ensinanzas concertadas pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Obxectivos
Dar resposta ás necesidades de formación do profesorado, ao propiciar a construción dun modelo do centro que desenvolva todas as dimensións da práctica educativa.
Fomentar a súa formación nas competencias profesionais –para abordar con eficacia todas as situacións do proceso de ensino e aprendizaxe– e no desenvolvemento das funcións que o profesorado debe desempeñar nunha sociedade complexa e en permanente cambio.
Establecer liñas prioritarias de traballo e de toma de decisións para a mellora consensuda da educación do alumnado e do funcionamento do centro, así como para a posta en práctica e a avaliación de accións que repercutan na mellora da calidade dos procesos curriculares e organizativos.
Promover a formación dos equipos docentes a través do traballo colaborativo e do fomento da súa autonomía, partindo da experiencia e da capacidade do profesorado.
Liñas prioritarias da convocatoria 2008-2009
Actualización dos contidos respecto aos novos currículos da formación profesional e das ensinanzas especiais.
Mellora da xestión dos centros e dos departamentos.
Mellora da xestión dos espazos e dos medios.
Transferencia do coñecemento dos procesos e dos medios do sector produtivo á aula.
Convocatoria dos proxectos de formación
A convocatoria para o curso 2008-2009 pódese consultar no seguinte enlace:
- Proxectos de formación
Modelos de documentación relacionados cos proxectos de formación
- Anexo I: Preinscrición
- Anexo II: Solicitude de participación
- Anexo III: Guión para a elaboración do proxecto
- Anexo IV: Memoria final
- Anexo V: Acta final