Galiciaskills

Que é Galiciaskills?

Galiciaskills é o campionato galego da formación profesional que se celebra cada dous anos e consiste no desenvolvemento dunha serie de competicións relacionadas coas distintas especialidades da formación profesional, nas que os participantes han demostrar a súa competencia profesional e medir as súas destrezas con alumnado de distintos centros de Galicia na realización das correspondentes probas.

O alumando gañador de cada competición participará en el campionato nacional Spainskills e as medallas de ouro deste campionato participarán posteriormente no campionato internacional Worldskills e no europeo Euroskills. Spainskills e Worldskills celébrase no mesmo ano, nos impares, e Euroskills nos anos pares.

As skills son as especialidades ou profesións en que haberá competición e que se corresponden cun ciclo formativo (ou con máis) das familias profesionais. A duración de cada competición estará entre media e unha xornada, segundo as características das probas que se teñan que desenvolver.

 

Obxectivos:

  • Pór en valor da calidade e o atractivo das ensinanzas de formación profesional que se imparten nos centros da nosa comunidade autónoma. 
  • Motivar o alumnado para a mellora da calidade da FP. 
  • Recoñecer e estimular o labor do profesorado. 
  • Potenciar as relacións dos centros en que se imparten ciclos formativos coas empresas dos sectores correspondentes. 
  • Seleccionar o equipo galego que nos represente nos campionato nacional da formación profesional, SpainSkills.

 

Quen pode participar?

Alumnado matriculado en ciclos formativos en centros educativos da nosa Comunidade Autónoma que no ano da competición internacional teña unha idade igual ou menor de 21 anos, excepto no caso do skill de mecatrónica que a idade ten que ser igual ou menor de 24 anos.

 

Como inscribirse?

Os centros educativos poden inscribir a un alumno por competición, excepto no caso dos skills de Xardinería e Mecatrónica que son dous alumnos por competición. Deben utilizar o formulario de inscrición que se publica para cada campionato.

 

Galiciaskills 2016, IV Campionato Galego de Formación Profesional

Máis información: Galiciaskills 2016

Etiquetas: