Galiciaskills 2014. Persoas destinatarias

  • Os centros poderán presentar a este campionato un/unha competidor/ora por skill, coa excepción do de "Xardinaría paisaxística", no que participarán dúas persoas por centro. Será o centro quen determine o sistema de selección de competidores/as.
  • As persoas competidoras serán alumnos/as matriculados/as en ciclos formativos que voluntariamente queiran participar, e terán unha idade máxima de 21 anos feitos durante 2014.
  • Á persoa competidora acompañaraa un profesor unha profesora do centro, que actuará como titor ou titora, e que se encargará da súa preparación para a competición.
  • Deberá haber un compromiso do centro e do/da titor/ora para preparar e formar o/a alumno/a gañador/ora de cara á súa participación no campionato estatal da formación profesional SpainSkills, que se celebrará en Madrid en 2015.

 

Etiquetas: