III Campionato Galego de Formación Profesional, Galiciaskills 2014

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca o III Campionato Galego de Formación Profesional, Galiciaskills 2014, tras o éxito conseguido nas anteriores edicións e referendado polos nosos competidores nos campionatos estatais SpainSkills 2011 e SpainSkills 2013, onde se conseguiron dez e once medallas, respectivamente.

Organizado pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, GaliciaSkills 2014 pretende darlle unha maior proxección e difusión á formación profesional que se imparte na nosa comunidade autónoma.

Este é un campionato eminentemente práctico e consistirá no desenvolvemento de 23 competicións relacionadas coas especialidades da formación profesional, nas que as persoas participantes medirán as súas destrezas e demostrarán as súas capacidades na realización das correspondentes probas. As 23 competicións celebraranse ao longo do mes de outubro de 2014.

 

Etiquetas: