GaliciaSkills 2016. Persoas destinatarias

  • Os centros poderán presentar a este campionato un/unha competidor/ora por skill, coa excepción dos skills de Mecatrónica e Xardinaría paisaxística, nos que participarán en equipo de dúas persoas por centro.
  • Será o centro quen determine o sistema de selección de competidores/as.
  • As persoas competidoras serán alumnos/as matriculados/as en ciclos formativos que voluntariamente queiran participar, e terán unha idade máxima de 21 anos feitos durante 2016, coa excepción do skill de Mecatrónica no que os participantes terán como máximo 24 anos feitos durante o 2016.
  • Á persoa competidora acompañaraa un profesor ou unha profesora do centro, que actuará como titor ou titora, e que se encargará da súa preparación para a competición.
  • Deberá haber un compromiso do centro e do/da titor/ora para preparar e formar o/a alumno/a gañador/ora de cara á súa participación no campionato estatal da formación profesional SpainSkills, que se celebrará en Madrid en 2017.

 

Etiquetas: