GaliciaSkills 2016. Premios e recoñecementos

Premios


 
Haberá dous premios por competición. A persoa gañadora do primeiro premio en cada skill competirá representando a Galicia na Olimpíada de Formación Profesional, SpainSkills 2017, que se celebrará en Madrid. Este alumnado, xunto cos xefes e as xefas de equipo (profesorado titor), conformarán o equipo galego que representará a nosa comunidade autónoma en SpainSkills 2017.

Recoñecementos


 

  • Alumnado: todas as persoas participantes recibirán un diploma acreditativo de ter participado en GaliciaSkills 2016
  • Profesorado: o profesorado que participe en GaliciaSkills 2016 (profesorado experto e titor) recibirá a correspondente certificación de participación na actividade de innovación educativa GaliciaSkills 2016, cunha equivalencia de 15 horas de formación permanente do profesorado

 

Etiquetas: