IV Campionato Galego de Formación Profesional GaliciaSkills 2016
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca o IV Campionato Galego de Formación Profesional, Galiciaskills 2016, tras o éxito conseguido nas anteriores edicións e referendado polos nosos competidores nas edicións dos campionatos estatais SpainSkills e a presenza de alumnado galego nos campionatos internacionais WorldSkills e EuroSkills.
Organizado pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, GaliciaSkills 2016 pretende darlle unha maior proxección e difusión á formación profesional que se imparte na nosa comunidade autónoma.
Este é un campionato eminentemente práctico e consistirá no desenvolvemento de 19 competicións relacionadas coas especialidades da formación profesional, nas que o alumnado participante medirá as súas destrezas e demostrará as súas capacidades na realización das correspondentes probas. As 19 competicións celebraranse na Feira Internacional de Galicia (Silleda) do 30 de novembro ao 2 de decembro.
Horarios competición (entrada libre):
- Mércores 30 de novembro: 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 19:00h
- Xoves 01 de decembro: 10:00h a 14:00h
- Plano dos espazos onde se desenvolverán as competicións.
- Plano de acceso ao recinto onde se desenvolverán as competicións.
- Relación de participantes e patrocinadores.
- Acto de presentación Galiciaskills2016.
- Bases do campionato.
- Competicións.
- Persoas destinatarias.
- Skills e ciclos formativos asociados.
- Participación: Solicitude e prazo de inscrición.
- Premios e Recoñecementos.
- Gañadores GaliciaSkills 2016.