GaliciaSkills 2018. Persoas destinatarias

  • Os centros poderán presentar a este campionato un/unha competidor/ora por skill, coa excepción dos skills de Mecatrónica e Xardinaría paisaxística, nos que participarán en equipo de dúas persoas por centro. Será o centro quen determine o sistema de selección de competidores/as.
  • O número mínimo de centros educativos inscritos en cada competición será de catro, excepcionalmente poderá autorizarse un número menor. En calquera dos casos, o número de competidores non será menor de catro.
  • As persoas competidoras serán alumnos/as matriculados/as en ciclos formativos que voluntariamente queiran participar, e terán unha idade máxima de 21 anos feitos durante 2018, coa excepción do skill de Mecatrónica no que os participantes terán como máximo 24 anos feitos durante o 2018.
  • Á persoa competidora estará acompañada un profesor ou unha profesora do centro, que actuará como titor ou titora, e que se encargará da súa preparación para a competición.
  • Deberá haber un compromiso do centro e do/da titor/ora para preparar e formar o/a alumno/a gañador/ora de cara á súa participación no campionato estatal da formación profesional SpainSkills, que se celebrará en Madrid en 2019, e no seu caso, para as competicións internacionais.

Etiquetas: