GaliciaSkills 2018. Competicións

Electrónica

Familias profesionais:
Electricidade e electrónica
Centros e alumnado participante:
CIFP A Farixa, Kevin Domínguez Lorenzo
CIFP Politécnico de Santiago, Miguel Messina Añón
IES Urbano Lugrís, Daniel Pérez Cornide
Descrición da competición:

Os/as competidores/as terán que:

  • Montar e soldar dous circuítos electrónicos de interface necesarios para a competición: un para control dun motor, por modulación de anchura de pulsos, e outro para o control, mediante relé, dunha lámpada.
  • Programar un controlador integrado para tomar datos recibidos da estación meteorolóxica con anemómetro, pluviómetro e catavento, dunha placa de sensores con higrómetro, barómetro, termómetro e luxímetro, e dun reloxo en tempo real. Con eses datos, cumprirá controlar o motor eléctrico dun ventilador e a lámpada.
  • Depurar e adaptar un programa para o controlador integrado.
Xurado:
Presidente/a:
José Luís Ruiz Quintás

Vogais:
Ángel Benito Álvarez Rodríguez
Daniel Piñeiro González
Sabino Vidal Garea
Empresas patrocinadoras:

Acceda á ficha das demais especialidades: