www.edu.xunta.es
VOLTAR Ó PORTAL DA XUNTA VOLTAR Ó PORTAL DA XUNTA VOLTAR Ó PORTAL EDUCATIVO
Información dos ciclos formativos da formación profesional específica    
 

Guía do estudante 2008. Ensino superior en Galicia

Guía do estudante 2008. Ensino superior en Galicia (20/05/2008)

Esta obra constitúe un útil instrumento de consulta destinado aos alumnos e alumnas que aspiran a cursar estudos superiores, pero tamén pretende proporcionarlles aos pais e profesores, como educadores e axentes principais da súa formación integral, a información apropiada para lles asesoraren no camiño.

A guía organízase en seis capítulos: o primeiro recolle información referente ao ámbito universitario, especialmente enfocada ao Sistema Universitario de Galicia; o segundo orienta sobre as ensinanzas superiores non universitarias, incluíndo os ciclos formativos de Grao Superior de FP Específica, as ensinanzas artísticas superiores e as deportivas; o terceiro informa sobre a oferta de axudas e premios para estudos superiores da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e mais sobre as do Ministerio de Educación e Ciencia; no cuarto capítulo inclúese unha listaxe das residencias para estudantes, e o quinto e sexto, respectivamente, inclúen uns útiles glosarios de termos e referencias normativas e enderezos de interese, que facilitarán a comprensión e a busca de respostas ás inevitables preguntas que irán xurdindo durante o proceso de busca e selección.

    
- Guía do estudante 2008. Ensino superior en Galicia.