II Premios Emprende Gaiás-Sixto Seco

A Cidade da Cultura de Galicia convoca a segunda edición dos premios Emprende Gaiás-Sixto Seco, concurso de ideas e proxectos innovadores co que dar apoio aos emprendedores e dinamizar as industrias culturais de Galicia.

Os premios Emprende Gaiás-Sixto Seco buscan poñer en marcha ideas ou proxectos innovadores no mundo das industrias culturais artelladas en tres modalidades:

  • Aplicacións informáticas ou proxectos culturais en internet
  • Proxectos na área do deseño
  • Iniciativas na área da xestión cultural

O premio en cada unha das modalidades será a incorporación gratuíta e durante doce meses ao espazo de coworking ‘Emprende Cultura Gaiás’ da Cidade da Cultura, a asistencia con todos os gastos pagados ao Zinc Shower 2015, o maior meeting show de industrias culturais e creativas realizado en España; e apoio, asesoramento e formación por parte de Agadic durante os primeiros pasos da empresa.

Como novidade de este ano, poderán participar nesta convocatoria os titulados de ciclos medios e superiores de Formación Profesional e das ensinanzas profesionais de artes plásticas, titulados e diplomados de escolas de arte, licenciados e diplomados universitarios en humanidades e/ou calquera outra rama artística e calquera outra persoa licenciada ou diplomada con vinculación no emprendemento cultural e que desexen desenvolver a súa actividade na Cidade da Cultura.

Xunto coa solicitude de participación, os interesados deberán presentar os seus traballos e documentación acreditativa da súa formación á Fundación Cidade da Cultura de Galicia antes do 31 de agosto. O nome dos gañadores daranse a coñecer o 1 de outubro.

Para acceder ás bases e a solicitude de inscrición prema na seguinte ligazón:

- II Premios emprende Gaiás-Sixto Seco. Bases e solicitude de inscrición

Etiquetas: