III Congreso Internacional de Viveiros de Empresas en Pontevedra

Este congreso está organizado pola Fundación INCYDE, a Deputación de Pontevedra e as Cámaras de Comercio da rexión. Terá lugar os días 13 e 14 de maio, na sede de Afundación en Pontevedra (rúa Augusto González Besada, 2-4 Pontevedra).

Vai dirixido a viveiristas, xestores de viveiros, autónomos, pequenas empresas, emprendedores, estudantes e público interesado en xeral. O congreso axudará a coñecer experiencias de emprendedores de éxito e a adquirir coñecementos para emprender ou potenciar o desenvolvemento dunha empresa.

Para realizar a súa inscrición, que é gratuíta, ou para consultar a información do evento, debe acceder premendo na seguinte ligazón:

http://viverosincyde.com/congresos/inscripciones/

Etiquetas: