III Premios Emprende Gaiás-Sixto Seco

A Cidade da Cultura de Galicia convoca a terceira edición dos premios Emprende Gaiás-Sixto Seco, concurso de ideas e proxectos innovadores co que dar apoio aos emprendedores e dinamizar as industrias culturais de Galicia.

Os premios Emprende Gaiás-Sixto Seco buscan poñer en marcha ideas ou proxectos innovadores no mundo das industrias culturais artelladas en tres modalidades:

  • Aplicacións informáticas ou proxectos culturais en internet
  • Proxectos na área do deseño
  • Iniciativas na área da xestión cultural

O premio en cada unha das modalidades será a incorporación gratuíta e durante doce meses ao espazo de coworking Gaiás da Cidade da Cultura e un premio en metálico de 2.000 euros.

Xunto coa solicitude de participación, os interesados deberán presentar os seus traballos e documentación acreditativa da súa formación á Fundación Cidade da Cultura de Galicia antes do 15 de xullo. O nome dos gañadores daranse a coñecer o 21 de setembro.

Para acceder ás bases e a solicitude de inscrición prema na seguinte ligazón:

- III Premios emprende Gaiás-Sixto Seco. Bases e solicitude de inscrición

Etiquetas: