Europa. Next Station: Improving Professional Skills in Galicia III

O novo proxecto “Next Station: Improving Professional Skills in Galicia III”:foi concedido á Dirección Xeral de Educación, FP e Innovación Educativa na convocatoria de 2019 do programa Erasmus+.

O proxecto aprobouse polo Servicio Español para la Internacionalización de la Educación (SEPIE) dentro dos proxectos de mobilidade KA102 de Formación Profesional.

O proxecto ten un presuposto de 1.977.498 €. Suporá a posibilidade de que 420 alumnos/as e 110 profesores/as podan facer prácticas en diferentes países da Unión Europea desde setembro de 2019 ata xuño de 2021.Este proxecto supón unha continuidade na participación da Dirección Xeral de Educación, FP e Innovación Educativa nos proxectos de mobilidade para o alumnado de ciclos de formación profesional de grao medio, cun incremento importante do número de alumnos desde a convocatoria de 2012.

  • Procedemento para o desenvolvemento do proxecto de mobilidade Erasmus+ KA102 "Next Station: Improving Professional Skills in Galicia III" 2019-2021, concedido ao abeiro da convocatoria de propostas 2019. Acceda ao documento

Información e contacto:

Asesoría de programas europeos FP
Correo eléctrónico: programas.europeosfp@edu.xunta.es
Teléfono: 981 54 65 64

Etiquetas: