Información de FP

A formación profesional ordénase en 26 familias profesionais –grupo de ocupacións– que configuran un sector económico e concorren nunha mesma actividade produtiva.

Pola súa vez, as familias profesionais están constituídas por ciclos formativos co obxectivo de formar profesionais de cada sector profesional con máis capacitación e máis cualificación. Cada ciclo formativo comprende un conxunto de módulo profesionais de formación teórica e práctica.

Os ciclos formativos poden ser de grao básico, de grao medio ou de grao superior, e a súa duración é variable, cun máximo de dous cursos académicos.

Tema: