Inserción laboral

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, consciente da importancia que ten para a xuventude galega unha axeitada formación e orientación profesional, considera que o coñecemento dos datos relativos á ocupación laboral e á inserción laboral das persoas tituladas de formación profesional debe ser un referente para esas persoas na toma de decisións profesionais, así como para a Administración educativa, na planificación da oferta de formación profesional.

Co obxecto de realizar o seguimento das persoas tituladas de formación profesional, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria realizou nos últimos anos varios estudos sobre a súa situación.