Job Day Galicia-Norte de Portugal. Ofertas de emprego no sector do metal

O próximo 27 de novembro de 2017 terá lugar a sexta edición do Job Day da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, na Escola Superior de Ciencias Empresariais, en Valença, dedicado ao sector do metal. Os seus obxectivos son promover a contratación de traballadores na Eurorrexión e fomentar a cooperación transfronteriza entre empresas.

Os interesados nalgunha das máis de 130 ofertas de emprego, deberán enviar o seu currículo a gnpaect@gnpaect.eu, para poder concertar as entrevistas, que terán lugar durante a celebración do Job Day.

Etiquetas: