Materiais didácticos en galego para a Formación Profesional

Publicación dun recurso multimedia para a familia profesional de Transporte e mantemento de vehículos, en concreto, para traballar a prevención de riscos laborais nun taller de automoción.

O recurso consta de dúas partes:

  • Primeiros auxilios dos accidentes máis frecuentes nun taller de automoción.
     
    Esta unidade didáctica está destinada a traballar técnicas de emerxencia e reanimación cardiopulmonar, hemorraxias, traumatismos,  queimaduras, intoxicacións, lesións oculares,...
    Inclúe un test de autoavaliación.
    - Contido.
    - Para descargar o contido, acceda ao repositorio Abalar.

 

  • Riscos laborais nun taller de automoción. 
     
    Nesta unidade didáctica trabállanse os posibles perigos que poden aparecer nun taller de reparación de vehículos, así como as accións preventivas que melloran a súa seguridade.
    - Contido.
    - Para descargar o contido, acceda ao repositorio Abalar.

 

  

Etiquetas: