Listaxes, datas e lugares das probas. Convocatoria 2020

Segunda convocatoria

Calendario de probas

Na seguinte ligazón poderase consultar o calendario das probas e lugar de realización para cada un dos carnés profesionais e habilitacións profesionais para a segunda convocatoria do ano 2020

Información sobre o desprazamento para realizar as probas para a obtención de carnés e habilitacións profesionais na convocatoria 2020 para as especialidades de Gas A, B e C no CIFP Politécnico de Santiago de Compostela os días 11 e 12 do mes de novembro.

O Decreto 179/2020, do 4 de novembro, no seu artigo 1 limita as entradas e saídas de persoas en ámbitos territoriais de determinados concellos de Galicia e no punto 3.i do citado artigo 1 establece como excepción a realización de exames ou probas inaprazables. En virtude do establecido no decreto, as persoas convocadas para a realización destas probas poderán desprazarse desde o seu lugar de residencia. Coa finalidade de facilitar, en caso de que fose necesario, as labores de inspección ás autoridades pertinentes as persoas convocadas deberán levar consigo:

  • Resgardo da solicitude de inscrición.
  • Copia da listaxe definitiva de admitidos e excluídos.
  • Copia do calendario de realización das probas.

Para resolver calquera dúbida poden poñerse en contacto co correo electrónico habilitacions.profesionais@edu.xunta.gal ou no teléfono 881 99 65 29.

Material permitido para a realización da segunda parte da proba

Listaxes relacionadas coa segunda convocatoria 2020

Na seguinte ligazón pódense consultar as listaxes provisionais e definitivas de admisión e cualificacións para a segunda convocatoria relacionadas coas probas de carnés profesionais e habilitacións profesionais.

- Acceso ás listaxes de persoas admitidas e excluídas da segunda convocatoria.

- Listaxe de persoas convocadas para a celebración da segunda parte da proba da especialidade de guindastre móbil autopropulsado, categoría B.

- Listaxe de persoas convocadas para a realización da proba de Operador/a industrial de caldeiras. Enderezos e datas para a realización da proba.

- Acceso ás listaxes de cualificacións da segunda convocatoria.

  • Listaxe provisional
    Contra esta listaxe poderase presentar reclamación ata o día 16 de decembro de 2020.

     - Formulario de reclamación

     - Exames da convocatoria (Actualizados o 04/01/2021)

  • Listaxe definitiva
    Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a Conselleira de Cultura, Educación e Universidade no prazo dun mes desde a súa publicación.

Primeira convocatoria

Calendario de probas

Na seguinte ligazón poderase consultar o calendario das probas e lugar de realización para cada un dos carnés profesionais e habilitacións profesionais para a primeira convocatoria do ano 2020

Material permitido para a realización da segunda parte da proba

Listaxes relacionadas coa primeira convocatoria 2020

Na seguinte ligazón pódense consultar as listaxes provisionais e definitivas de admisión e cualificacións para a primeira convocatoria relacionadas coas probas de carnés profesionais e habilitacións profesionais.

- Acceso ás listaxes de persoas admitidas e excluídas da primeira convocatoria.

Reclamacións contra a listaxe provisional. Mentres dure a situación derivada da pandemia por Covid-19, será posible presentar a reclamación a esta listaxe a través do correo electrónico habilitacions.profesionais@edu.xunta.gal, con independencia de que con posterioridade se estableza o período de reclamación.

Será imprescindible facer referencia ao número de rexistro de entrada da solicitude de participación nas probas para a obtención de determinados carnés e habilitacións profesionais. Poderá xuntarse, en formato electrónico, canta documentación complementaria se considere necesaria. Quen presente reclamación por esta vía non precisará realizar ningún trámite posterior no prazo que se abra a tal efecto.

- Listaxe de persoas convocadas para a celebración da segunda parte da proba da especialidade de guindastre móbil autopropulsado, categoría B.

- Listaxe de persoas convocadas para a realización da proba de Operador/a industrial de caldeiras. Enderezos e datas para a realización da proba.

- Acceso ás listaxes de cualificacións da primeira convocatoria.

  • Listaxe provisional
    Contra esta listaxe poderase presentar reclamación ata o día 16 de decembro de 2020.

     - Formulario de reclamación

     - Exames da convocatoria (Actualizados o 04/01/2021)

  • Listaxe definitiva
    Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a Conselleira de Cultura, Educación e Universidade no prazo dun mes desde a súa publicación.
Tema: