Preséntanse, nesta páxina, materiáis didácticos para facilitar a preparación das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio.
Os materiais constan dunha programación para a parte científico-tecnolóxica da proba e doutras tres programacións para as materias que compoñen a parte sociocultural da proba (Xeografía, historia e ciencias sociais, Lingua galega e literatura e Lingua castelá e literatura).
As programacións compóñense de unidades didácticas estruturadas en actividades que, á sua vez, se compoñen de tarefas. As programacións da parte sociocultural están axustadas para un total de 51 horas por materia, mentres que a programación da parte científico-tecnolóxica ten unha duración aproximada de 102 horas.
Cada programación consta dun documento para a programación e dunha serie de documentos, un por actividade, que conteñen unha descrición dos obxectivos e contidos de cada actividade, un apartado de introdución (equivalente á presentación do tema ao alumnado) e un conxunto de tarefas (os exercicios que debe realizar o alumnado).
Os materiais están deseñados para que o profesorado os empregue como punto de partida para proporcionar ao alumnado pequenas presentacións de temas derivados dos criterios de avaliación de cada unha das materias. Estas explicacións están redactadas como material que o alumnado debe ler (a introdución) antes de realizar as tarefas. Unha vez que o alumnado coñeza a estrutura dos materiais, a partir do traballo presencial, será doado que realice as tarefas (as que se aportan ou outras elaboradas polo profesorado) no seu propio domicilio.
Os materiais proporciónanse en formato DOC (Word) para que facilitar a modificación das actividades e das tarefas de acordo coas necesidades do grupo particular de alumnos e alumnas que os vaian empregar para preparar as probas.
Pulse nos seguintes enlaces para acceder aos materiais (arquivos en formato ZIP. Debe descomprimilos nun directorio).
Materiais da parte científico-tecnolóxica.
Material da parte científico-tecnolóxica.
Materiais da parte sociocultural.
Materia de Xeografía, historia e ciencias sociais.
Materia de Lingua Galega e Literatura.
Materia de Lingua Castelá e Literatura.
Finalmente, os documentos en formato DOC dos materiais, poden perder parcialmente o formato cando se abren en Office Word. Debe coñecer o funcionamento dos índices e das plantillas de Word para resolver estes pequenos problemas informáticos.
Para calquera problema deste tipo ou para expresar suxestións ou propostas de mellora sobre os materiais, poden dirixirse a probas.ciclos@edu.xunta.es.