Mención especial ao IES Miguel Ángel González Estévez nos Premios Europeos á Innovación na FP

O pasado 24 de novembro de 2017, durante o derradeiro día da segunda Semana Europea da Formación Profesional, en Bruxelas, o IES Miguel Ángel González Estévez, de Vilagarcía de Arousa, recibiu unha mención especial do xurado nos Premios Europeos á Innovación na Formación Profesional 2017. Estes premios están destinados a centros que contribuíran á excelencia na Formación Profesional a través de prácticas innovadoras. O proxecto premiado, mediante o cal os alumnos de segundo curso elaboraron actividades físico-deportivas inclusivas, foi desenvolvido polos profesores do ciclo superior de Animación de actividades físicas e deportivas, María Concepción Pérez Alonso e Luís Garrigós Villalba.

Prema na seguinte imaxe para acceder ao resto do álbum fotográfico.

  • Mención especial ao IES Miguel Ángel González Estévez
  • Mención especial ao IES Miguel Ángel González Estévez
  • Mención especial ao IES Miguel Ángel González Estévez
Etiquetas: 
Multimedia: