Conxunto mínimo de procedementos comúns

A Rede de Centros Certificados na Norma ISO 9001:2008 elaborou durante o curso 2010/2011 un Conxunto Mínimo de Procedementos Comúns (CMPC) para a súa posta en práctica por todos aqueles Centros Educativos da Comunidade Galega que queiran desenvolver a súa tarefa educativa seguindo a metodoloxía da calidade e da mellora continua a través da xestión dos procedementos implicados, independentemente das etapas e/ou niveis educativos que impartan.

Deste xeito ponse de manifesto a intención, por parte da Consellería de Educación, de ampliar o número e diversidade de Centros Educativos que utilizan a metodoloxía da xestión por procesos na práctica da súa tarefa educativa.

Este CMPC constitúe un esquema básico e flexible en revisión continua que se adapta ás características específicas de cada un dos Centros Educativos que os utilicen como guía.

Os centros educativos interesados en ter o CMPC en formato editable para levalo á práctica, poden solicitalo poñéndose en contacto co Servizo de Xestión da FP a través de:

  • Teléfono da Asesoría da calidade: 881 997 429
  • Correo electrónico da Asesoría da calidade:  calidade@edu.xunta.es

 

Tamén, por suposto, para facer suxestións ou aclarar calquera dúbida.

Esta é a versión inicial do CMPC que se irá desenvolvendo con todas as achegas e melloras feitas por todos os centros educativos que o leven a práctica.

Os procedementos que integran o CMPC poden consultarse nos documentos adxuntos e a súa relación é a seguinte:

Etiquetas: