SENA02

 

SENA02 - Enerxías renovables

Ciclo formativo
Familia: Enerxía e auga
Sistema educativo: LOE
Grao: superior
Horas: 2000
Código: SENA02
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Efectuar a coordinación da montaxe, a posta en servizo, a xestión da operación e o mantemento de parques e instalacións de enerxía eólica, así como promover instalacións,desenvolver proxectos e xestionar e realizar a montaxe e o mantemento de instalacións solares fotovoltaicas, e tamén xestionar e supervisar a montaxe e o mantemento, e realizar a operación e o mantemento de primeiro nivel en subestacións eléctricas.

 

En que ámbitos se traballa?
En empresas dedicadas a realizar a promoción, a montaxe, a explotación e o mantemento de instalacións de enerxías eólicas e solares fotovoltaicas para a produción de enerxía eléctrica, así como en empresas relacionadas coa xeración, o transporte e a distribución de enerxía eléctrica, ou que posúan instalacións de alta tensión, e tamén en empresas industriais que realicen traballos de montaxe e mantemento de subestacións eléctricas.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a de xestión de operación e mantemento en instalacións eólicas, responsable de montaxe de parques eólicos, responsable de montaxe de aeroxeradores, especialista montador/ora de aeroxeradores, especialista en mantemento de parques eólicos,promotor/ora de instalacións solares, proxectista de instalacións solares fotovoltaicas,responsable de montaxe de instalacións solares fotovoltaicas, responsable de mantemento de instalacións solares fotovoltaicas, responsable de explotación e mantemento de pequenas centrais solares fotovoltaicas, montador/ora operador/ora de instalacións solaresfotovoltaicas, encargado/a de montaxe de subestacións eléctricas de instalacións eólicas efotovoltaicas, encargado/a de mantemento de subestacións eléctricas de instalacións eólicas e fotovoltaicas, operador/ora mantedor/ora de subestacións eléctricas de instalacións eólicas e fotovoltaicas.

 

Cales son os módulos?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP0681 Configuración de instalacións solares fotovoltaicas 107 4
MP0687 Formación e orientación laboral 107 4
MP0671 Prevención de riscos eléctricos 52 2
MP0680 Sistemas de enerxías renovables 160 6
MP0668 Sistemas eléctricos en centrais 160 6
MP0669 Subestacións eléctricas 187 7
MP0670 Telecontrol e automatismos 187 7
MP0688 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP0689 Formación en centros de traballo 384
MP0684 Operación e mantemento de parques eólicos 193 11
MP0686 Proxecto de enerxías renovables 26
MP0682 Xestión da montaxe de instalacións solares fotovoltaicas 192 11
MP0683 Xestión da montaxe de parques eólicos 192 11

Réxime ordinario

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2023-2024.

A Coruña



Concello Código Centro educativo Teléfono
Culleredo 15005749 CIFP Universidade Laboral 881960820

Pontevedra



Concello Código Centro educativo Teléfono
Vigo 36014568 CIFP Valentín Paz Andrade 886110857

Modalidade de formación profesional dual

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos na modalidade de formación profesional dual. Curso 2023-2024.

Lugo



Concello Código Centro educativo Teléfono
Lugo 27006528 CIFP As Mercedes 982828001

Ourense



Concello Código Centro educativo Teléfono
Ourense 32015050 CIFP A Farixa 988783012




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).