SALIMAT. Salón de alimentación do Atlántico

O 16º Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat 2012, que se celebrou de forma paralela á Semana Verde de Galicia en Silleda do 14 ao 17 de xuño, organizou máis de 900 reunións de negocio entre profesionais, empresas e compradores.

Os Encontros Nacionais e Internacionais de Compradores do certame acolleron máis de 300 destas reunións, que permitiu aos expositores porse en contacto con importadores e distribuidores de Alemaña, Dinamarca, Finlandia, Xapón, México e España. Deste xeito, as empresas presentes no salón puideron amosar a súa oferta a compradores con interese na distribución dos nosos produtos en outros países, e ampliar así as súas canles de comercialización tanto a nivel nacional como internacional. 

Os produtos galegos nos que estiveron máis interesados os compradores foron os viños, os queixos, os produtos cárnicos elaborados, os aceites con denominación de orixe e os produtos ecolóxicos.

Por outra banda, se realizaron 600 visitas asesoradas, que tiveron como fin facilitar aos profesionais do sector alimentario toda a información relativa aos expositores que resultaron do seu interese, así como axudar a localizalos na feira e coordinar reunións con eles. 

Salimat 2012 converteuse así nun espazo idóneo para o intercambio comercial e a dinamización do sector alimentario e gastronómico.

- Ver galería de fotos
 

Etiquetas: